Conferencia de xénero e educación: cara novas estratexias de liderado e poder
Datas de vixencia e lugar de celebración
Esta conferencia que se celebrará entre os días 14 e 18 de setembro na Universidade de Augsburg ocuparase de cuestións de xénero, da educación e dunha maior xustiza social neste ámbito. Son necesarias novas estratexias para que as mulleres poidan acceder a posicións de liderado de alto nivel nas escolas e nas universidades. Por este motivo a equidade de xénero no sistema educativo é un tema importante de investigación e unha urxente demanda social na UE, nos EE.UU. e arredor de todo o mundo. Neste contexto, todos os niveis educativos de preescolar, escola primaria, escola secundaria ata a universidade deben ser considerados.
Anque as mulleres constitúen a maioría da forza de traballo docente, son claramente subrepresentadas nas posicións de administración.
Un dos principais obxetivos da conferencia é desenvolver un consenso acerca da colaboración na investigación sistemática que se levará a cabo en todos os continentes. Esta investigación pode ter un impacto no desenrolo de políticas e promover a causa da muller no liderado educativo como unha cuestión de xustiza social en todo o mundo.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Programa da conferencia [pdf] | 14.49 KB |


