1ª Edición del Premio FECYT a la promoción de la igualdad en el conocimiento
O xurado do Premio FECYT á promoción da igualdade no coñecemento, concediu esta distinción a Isabel Morant Deusa, polo seu dilatado labor académico e de difusión do saber, decisivo no noso país en reláción coas bases científicas do pensamento feminista e que fai dela unha figura de referencia no panorama internacional.
Este Premio, orientado a recoñecer iniciativas que fomenten a igualdade entre mulleres e homes en todos os ámbitos do coñecemento, está dotado con 20.000 euros e se dirixe a institucións, persoas físicas, organizacións ou outras entidades que acrediten a execución, dentro do territorio do Estado Español, de accións tales como:
- A implantación de estratexias para atraer ou fomentar a permanencia de mulleres nas diferentes áreas do coñecemento.
- A creación de mecanismos para avaliar e difundir a situación da muller nas diferentes áreas do coñecemento.
- O desenvolvemento de políticas no ámbito académico para unha mellor práctica na contratación de mulleres.
Ligazóns:
Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)


